"Todo sigue igual en Galicia". Esta é a mensaxe que o Partido Popular está pregoando a raíz dos resultados electorais das eleccións municipais do 25 de maio. Tanto Aznar como Fraga tratan de transmitir arreo a idea de que as eleccións demostraron que o apoio ó PP segue intacto e que, polo tanto, as masivas mobilizacións ocorridas foron un exercicio inútil.